sábado, 25 de septiembre de 2010

Ata sempre!!

 

Hoxe morreu Ana Kiro, foise deste mundo a cantante máis importante de esta nosa terra Galicia.

Ana cantou as realidades dos galegos,a emigración e a loita de todos eles e que ela misma viviu ó marchar de moi nena a terras catalanas,eses lugares que a viron debutar con "Galicia,terra meiga" en galego,aínda no franquismo e na outra punta de España. E triunfou, vaia si o fixo; ese foi o principio dunha longa carreira que a levou a cantar por todo o mundo,conseguindo entre ela e o seu público unha comunión eterna.

Nacida en Castañeda (Arzúa) e filla de adopción de Mera (Oleiros), foi formando pouquiño a pouco parte da vida de moitos galegos,poñendo banda sonora ós momentos importantes das súas vidas. Estes últimos catro anos pasounos entre loitas e recoñecementos;loitas duras contra esa enfermidade, o cancro, que hoxe rematou con ela máis non coa súa forza e a súa alegría que seguirá sempre connosco. Os recoñecementos, coma case sempre, chegan tarde aínda que polo menos algún que outro en vida. Seguro que a partir de hoxe algunha medalla,algunha gala ou quen sabe se unha rúa han levar o seu nome; pero hoxe un gran amigo seu, Gayoso, non puido deixar de dedicarlle o seu programa. Un Luar con amigos do folclore galego (Farruco,Toñito de Poi,Pili Pampín,Sabela...) guiados por un Xosé Ramón que fai 3 anos cantou con ela por última vez nun escenario,ese escenario que hoxe acolle a capela ardente da nosa artista e onde ela sempre quixo ficar.
                                          Descanse en paz Ana Kiro

Artigo de Victor F.Freixanes sobre Ana Kiro
Homenaxe na súa terra fai 2 anos