Fai 7 meses comezouse a construir esta familia;a cabeza visible buscou e atopou pronto irmáns nos que apoiarse e a partir de ahí fill@s,sobriñ@s,curmáns...o sangue non nos unía pero si algo mellor as GANAS de lograr o cambio e a FE nesa meta. Esa ecuación deu como resultado unha subida no noso número de votantes e, aínda que non foi suficiente, é un comezo.
Neste gran grupo de persoas hai tamén grandes persoas.Guerra gañounos coa súa SENSIBILIDADE,Merchi co seu CARIÑO, Patiño coa súa PICARDÍA,Carmiña coa súa NATURALIDADE,Pallas coa súa EXPERIENCIA,Eloy coa súa ILUSIÓN,Nélida coa súa CERCANÍA,Fandiño coa súa VOZ,Carballal coas súas escuetas e SABIAS PALABRAS,Natalia coa súa ESPONTANEIDADE,Nacho co seu TRABALLO,Edreira coa súa DISCRECCIÓN,Teresa Ferreiro co seu SABER ESTAR,Soneira coa súa TRANQUILIDADE,Dolores coas súas GANAS,Teresa Cabo co seu SORRISO,Susana coas súas PALABRAS,Freire co seu CONVENCEMENTO no que facía,Mónica coas HORAS EXTRAS realizadas,María co seu DISCURSO en Reis,Fran coa súa DISPOÑIBILIDADE,Garea co seu escuro TRABALLO,Luisa coa súa XESTIÓN nas comunicacións,Antonio co seu LIDERAZGO e podería seguir ata enumerar a 150 persoas que puxeron toda a carne no asador,que o deron todo nestes meses de traballo diante e detrás dos carteles e dos mitins. Porque este grupo abriu portas pechadas,percorreu camiños olvidados, e reforzou os pilares existentes,explorou novas vías para chegar á xente, porque esta casa non pode máis que seguir medrando, porque a suma de todo o anterior sempre será positiva e porque aínda así queremos máis!!
GRACIAS A TODOS por ensinarme que a política non e cousa de políticos é cousa de persoas,de veciños, de xente normal coma min ou coma cada un dos que está a ler estas verbas.